Este e o Blog da II Mostra Gastronómica de Pontevedra organizada por FEPROHOS.
Esta consistirá en ofrecer ao público a posibilidade de visitar os mellores establecementos da hostalaría das comarcas do Condado e Paradanta e gozar dun menú degustación, creado para a semana que vai do 6 ao 13 de Novembro co mellor dos productos do bosque, caza e cogomelos.
A segunda mostra gastronómica está organizada pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra. Unha asociación de profesionais con máis de 1.000 asociados en toda a provincia e con 32 anos de historia, que se ven caracterizando nos últimos anos por dinamizar a cultura enogastronómica e poñer en valor os negocios hostaleiros.
0 comentarios:
Publicar un comentario