martes, 24 de noviembre de 2009

II Mostra Gastronómica de Pontevedra

Un ano máis rematou a Mostra Gastronómica de Pontevedra, nesta edición cun grande éxito grazas ós esforzos postos neste proxecto.

Agora que facemos balance, podemos dicir que a pesares de celebrar este evento gastronómico nunha zona pouco promocionada en canto ó turismo fomos capaces de atraer un grande número de visitantes ás comarcas de O Condado e A Paradanta.

Dentro desta Mostra Gastronómica baseada nos produtos do bosque, incluímos un PROGRAMA INSIDE, que consiste na organización dunha axenda de visitas de xornalistas portugueses ás comarcas participantes, quen ademais de asistir á mostra, coñecerían os lugares con encanto da zona para que, deste xeito, sexan publicados e teñan sona nos medios de comunicación portugueses nos que os xornalistas traballan.

O PROGRAMA INSIDE é un proxecto desenvolvido para ampliar a divulgación das actividades económicas, culturais e turísticas existentes entre Galicia e o Norte de Portugal.

Un dos xornalistas convidados a coñecer estas comarcas do interior da provincia de Pontevedra foi Jorge Oliveira, do xornal Diário do Minho. Nunha ampla reportaxe para este diario incluiu, con moito detalle, tódolos lugares que visitaron, así como proxectos dos que falou Jose Manuel Figueroa no almorzo de traballo que compartiron, todo isto cun denominador común, a gastronomía típica da zona.



Reportaxe de Jorge Oliveira no Diario do Minho.

0 comentarios:

Publicar un comentario