viernes, 6 de noviembre de 2009

COLABORACIÓN DE BODEGAS COTO REDONDO

Bouza do Rato s/n-Rubiós
36449 – As Neves (Pontevedra)
Tel: 986 667 212 – Fax: 986 648 279 – Mov: 680 918 122
Correo electrónico: info@bodegas-cotoredondo.com
www.bodegas-cotoredondo.com
Bodegas Coto Redondo é unha adega diferente, xa que a pesar de estar inmersa nunha denominación de orixe onde prevalecen os viños branco (a das Rías Baixas), fai unha clara aposta polos viños tintos, aos que espera colocar no lugar que lles corresponde no mercado por historia e calidade. Pero a pesar diso, esta adega de Rubiós (As Neves) non se esquece dos brancos, e mostra diso son os premios conseguidos na súa curta existencia, o último e mais importante, o que logrou o Señorío de Rubiós Albariño no pasado mes de agosto: A Medalla de Ouro na LVI Festa do Viño Albariño de Cambados.

No ano 2003, 57 persoas, os primeiros socios, fundaron Adegas Coto Redondo, que actualmente xa conta con 105 socios, que traballan para situar o viño de Rubiós no lugar que sempre lle correspondeu por tradición, historia e calidade do seu caldo. Así, tras moito esforzo e traballo, nos primeiros meses de 2006 saíron á luz os primeiros viños da adega, que sorprenderon gratamente a moitos padais e que esperan que o sigan facendo nos próximos anos, nos que verán a luz novas propostas desta adega de Rubiós.

Queremos agradecerlle a esta adega a súa colaboración nesta Mostra Gastronómica, a súa aposta pola promoción das comarcas de O Condado e A Paradanta, e da boa gastronomía da zona.

Os viños da adega son:
- Señorío de Rubiós Condado Tinto, viño tinto por excelencia da zona elaborado con Sousón, Espadeiro e Caiño.
- Señorío de Rubiós Condado Blanco, que está feito con treixadura, albariño y Loureiro.
- Señorío de Rubiós Albariño (albariño 100%)
- Señorío de Rubiós Sousón, monovarietal Sousón
- San Nomedio, monovarietal mencía
- Señorío de Rubiós Condado blanco en barrica de Carballo francés
- Señorío de Rubiós Condado tinto en barrica de Carballo francés.

0 comentarios:

Publicar un comentario