José Manuel Magaz Ledo, presidente de FEPROHOS: ‘Se non estamos unidos rompemos o sector’
A Federación Provincial de Hostelaría de Pontevedra está a pechar un ano complicado. A crise afectou en parte a un dos sectores máis representativos cara o exterior. Aínda así os resultados foron máis bos do que se agardaba. O seu presidente, propietario do Resaturante Asador Soriano en Bembrive (Vigo), é optimista: o ano Xacobeo pode atraer aos clientes non só pola peregrinación, senón tamén pola alta calidade e os prezos competitivos que ofrecen ao visitante.
-Como se desenolveu esta temporada para o sector da hostelaría en Pontevedra?
-Foi un ano moi duro para todo o sector, igual que para outros. A hostelaria foi quen mellor o afrontou. Foi así porque o 80% dos negocios que hai na provincia de Pontevedra son pequenos, de un a catro empregados. Negocios moi familiares nos que ao final aguantase facendo máis horas. Notamos un descendo dun 20% no que é restauración e hoteis pero como se esperabam cifras peores...
-Foron positivas, entón, as campañas que se realizaron para potenciar o sector?
-Hai que recoñecer que tanto desde Turgalicia como desde o Patronato de Rías Baixas fixeron unha gran labor. Mesmo as queixas que teñen na zona das Rías Altas indican o bo traballo que se está realizando aqui a nivel de promoción.
-Institucións como a Deputación queren que haxa unidade, falar cun interlocutor...
-É certo. Creanse asociacións pequeniñas, con vinte asociados, que non son representativas. Ao final mesmo os medios de comunicación non saben ben cal é a representativa. Nós podemos presumir de que somos a asociación máis representativa da provincia de Pontevedra con máis de 1.200 asociados. Facemos formación, xornadas gastronómicas, campionatos de sumillieres,... É moi importante estar unidos porque cando se vai a un organismo público a pedir cousas se non estamos unidos rompemos o sector.
-En que medida é importante Portugal para a hostelaria de Pontevedra?
-É importantísimo. Do 20% de turistas de fora que nos visitan o 17% ven de Portugal. É importante promocionarse alá pola proximidade xa que nunha hora pode estar xantando en Vigo.
-Que espectativas ten o sector para o ano Xacobeo?
-Aínda que din que virán seis meses duros de crise cremos que o Xacobeo será importante. Para o sector coido que será un ano bó. Ao mellor o 2011 ou o 2012 sexan máis complicados.
0 comentarios:
Publicar un comentario