miércoles, 28 de octubre de 2009

¿ONDE SE CELEBRA A 2ª MOSTRA GASTRONÓMICA?



A segunda mostra gastronómica celebrase en locais de hostelería das comarcas de O Condado e A Paradante. Paremos un intre nelas:

CONDADO
UN MIRADO AO MIÑO


No fértil val do Tea a comarca do Condado está delimitado por montañas que lle serven de límites naturais e que lle achegan abrigo térmico favorecendo os cultivos hortícolas e os viñedos. É precisamente nestas montañas onde se sitúan excepcionais miradoiros con excelentes vistas ao Miño e ás veciñas terras de Portugal. No seu tramo que vai de Ponteareas a Mondariz, foi declarado como Lugar de Importancia Comunitaria. Este distintivo asígnaselle a aqueles ecosistemas protexidos con obxecto de contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Pertencen á comarca de O Condado os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño.

A PARADANTA
UNHA PAISAXE DE MONTAÑA


Desde as ladeiras do Miño a altitude ascende cara aos Montes da Paradanta, que dan nome á comarca. A Serra do Suído e a de Faro de Avión constitúen excelentes miradoiros sobre a comarca e espazos naturais para a práctica de todo tipo de deportes. Paisaxe, patrimonio histórico artístico, instalacións deportivas e acolledores aloxamentos rurais constitúen unha ampla oferta que se dá cita na Paradanta, onde ademais podemos contar cos servizos de dous Clubs Hípicos, un Centro Deportivo de Turismo Náutico (rafting, canoa, hidrospeed, kaiak, etc), e un Centro de Iniciativas Turísticas, desde o que se organizan numerosas rutas temáticas. A comarca da Paradanta está formada polos concellos de Covelo, Arbo, Crecente e A Cañiza.

0 comentarios:

Publicar un comentario