jueves, 29 de octubre de 2009

RESTAURANTE O RETIRO

Menú



O Retiro é un restaurante que leva 55 anos ofrecendo o mellor da súa cociña ós clientes que alí acoden para disfrutar da auténtica cociña tradicional galega.
Entre as súas especialidades están a lamprea e as gulas, aínda que tamén se poden degustar as mellores carnes, como cabrito ou solombo, así como carnes de caza.
Un restaurante situado no marco incomparable na beira do rio Miño que fará que disfrute dun delicioso xantar ou cea cunha ubicación inmellorable.
Recoméndase reservar mesa chamando por teléfono.





Dirección: C/Francisco, 3 · 36.450 Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Teléfono: 986.65.80.83

HOTEL RESTAURANTE O'POZO

Menú


Un restaurante que ofrece unha cociña de mercado de corte galego pero adaptada ós gustos de hoxe en día é a do Hotel O Pozo. Poderá disfrutar dos mellores peixes nas preparacións que máis lle gustan, así como as carnes da comarca da Paradanta, embutidos da zona, o famoso cocido, etc…
Nos últimos anos, esta cociña foi premiada co Prato de Ouro da Gastronomia, O Colar de Ouro ou o Loureiro de Ouro.
É un complexo hostaleiro que cumpre as esixencias tanto dos que queiran disfrutar dunha boa cociña, coma dos que busquen un aloxamento confortable.



Dirección: Ctra. Nacional 120, Enlace A-52 · A Cañiza (Pontevedra)
Telefono: 986.65.10.50/986.65.10.51

RESTAURANTE COMPLEXO ARBOREDA

Menú



Este complexo hostaleiro está ubicado en Arbo, a tan só 1km da fronteira con Portugal, a 15 km da Cañiza, a 45 de Vigo e de Ourense.
Pódese disfrutar durante todo o ano das súas especialidades, como son a lamprea, o solombo de boi, anguías, chuletóns, así como unha ampla gama de viños e colleita propia.
Ademais, este complexo tamén dispón de salóns para celebracións e un hotel con amplas e modernas habitacións.




Dirección: Turbela, 1 · 36.430 ARBO (Pontevedra)
Teléfono: 986.66.54.59
Móbil: 617.437.187

HOTEL-BALNEARIO DE MONDARIZ

Menú



O Balneario de Mondariz é un espazo que concentrou, desde 1874, diferentes personalidades importantes do no noso país.
A restauración no Balneario de Mondariz é un verdadeiro pracer para os padais máis esixentes. Cociña tradicional ou de autor son as estrelas dunha carta que se completa con suxerencias estacionais.
Un espazo tradicional pero adaptado ás necesidades do relax e o disfrute da gastronomía do século XXI que coida todos os detalles, ata os máis pequenos, para que todo sexa perfecto.




Dirección: Avda. Enrique Peinador, s/n · 36.890 Mondariz - Balneario (Pontevedra)
Teléfono: 986.65.61.56
Web:
http://www.balneariomondariz.com/

RECTORAL DE FOFE

Menú



Rectoral de Fofe é unha casa de turismo rural aberta todo o ano e situada en medio da natureza. Ergueuse sobre as ruínas da orixinal casa do cura do século XVII e buscouse a súa adaptación para as necesidades actuais.
A tan só 1km pódese disfrutar da praia fluvial de Maceira, e a pouca distancia tamén se atopa Portugal e as Rías Baixas.
É o entorno perfecto para disfrutar dun bó xantar ou dunha cea especial no marco incomparable da natureza virxe e dos bosques autóctonos galegos.




Dirección: Aldea de Arriba, 13 · 36.873 Fofe-Covelo (Pontevedra)
Teléfono: 986.66.87.50

Web:
http://www.rectoraldefofe.com/

RESTAURANTE OS PIRÚS

Menú



Os Pirús é un restaurante completo que conta con dous salóns totalmente independentes, un para servizo de carta e outro para eventos e celebracións. O local é relativamente novo en canto á construción, pero cun personal cunha ampla experiencia adquirida ó longo dos anos.
Así, podemos atopar uns excelentes cortes de carne, bacallao, peixes, postres caseiros, e por suposto o prato de tempada por excelencia: a lamprea.

Dirección: Ctra. Estación, s/n · 36.430 Arbo(Pontevedra)
Teléfono: 986.66.34.71
Web:
http://www.lampreadearbo.com/

miércoles, 28 de octubre de 2009

¿ONDE SE CELEBRA A 2ª MOSTRA GASTRONÓMICA?



A segunda mostra gastronómica celebrase en locais de hostelería das comarcas de O Condado e A Paradante. Paremos un intre nelas:

CONDADO
UN MIRADO AO MIÑO


No fértil val do Tea a comarca do Condado está delimitado por montañas que lle serven de límites naturais e que lle achegan abrigo térmico favorecendo os cultivos hortícolas e os viñedos. É precisamente nestas montañas onde se sitúan excepcionais miradoiros con excelentes vistas ao Miño e ás veciñas terras de Portugal. No seu tramo que vai de Ponteareas a Mondariz, foi declarado como Lugar de Importancia Comunitaria. Este distintivo asígnaselle a aqueles ecosistemas protexidos con obxecto de contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Pertencen á comarca de O Condado os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño.

A PARADANTA
UNHA PAISAXE DE MONTAÑA


Desde as ladeiras do Miño a altitude ascende cara aos Montes da Paradanta, que dan nome á comarca. A Serra do Suído e a de Faro de Avión constitúen excelentes miradoiros sobre a comarca e espazos naturais para a práctica de todo tipo de deportes. Paisaxe, patrimonio histórico artístico, instalacións deportivas e acolledores aloxamentos rurais constitúen unha ampla oferta que se dá cita na Paradanta, onde ademais podemos contar cos servizos de dous Clubs Hípicos, un Centro Deportivo de Turismo Náutico (rafting, canoa, hidrospeed, kaiak, etc), e un Centro de Iniciativas Turísticas, desde o que se organizan numerosas rutas temáticas. A comarca da Paradanta está formada polos concellos de Covelo, Arbo, Crecente e A Cañiza.

MENÚS A ESCOLLER




Na segunda mostra gastronómica pódense escoller ata 12 menús co mellor de cada casa e con productos do outono.

Pinchar na imaxe para ampliala

PARTICIPANTES DA SEGUNDA MOSTRA GASTRONÓMICA



Semana do 6 ao 13 de Novembro

Proba menús con productos do bosque, caza e cogomelos nas comarcas de O Condado - A Paradanta
Pinchar na imaxe para facela máis grande

sábado, 24 de octubre de 2009

A MOSTRA GASTRONÓMICA NO PROGRAMA DE RADIO DE MARIAM PRIEGO

Mariam Priego invitou a FEPROHOS a participar no seu programa de Cadena Ser Vigo, La Guía Gastronómica, con motivo da presentación da Segunda Mostra Gastronómica de Pontevedra, celebrada nas comarcas de O Condado e A Paradanta.















viernes, 9 de octubre de 2009

La Diputación dePontevedra colaborará con FEPROHOS en la organización de la II Mostra Gastronómica de la Provincia



La Deputación de Pontevedra colaborará con FEPROHOS en la Organización de la II Mostra Gastronómica de la Provincia, tal y como ha confirmado el Presidente de la institución provincial Rafael Louzán, en la sede viguesa de la Deputación tras el encuentro mantenido con el Presidente de FEPROHOS, José M. Magaz.
Tras la reunión José M. Magaz manifestó que "fue un encuentro muy positivo en el que tuvimos la oportunidad de dar a conocer al Presidente de la Deputación de Pontevedra y al Presidente de Turismo Rías Baixas la actividad realizada desde la Federación: la agrupación del sector hostelero más potente y más representativa de la provincia, con más de 1.200 asociados".
Además, el Presidente de FEPROHOS aseguró que "les hemos presentado proyectos que vamos a desarrollar en el futuro y vimos a la Deputación predispuesta a colaborar con nosotros. En este sentido, ya han mostrado su compromiso y apoyo a la organización de la II Mostra Gastronómica de la Provincia que tendrá lugar el próximo mes en las comarcas de O Condado y A Paradanta". El presidente de la Deputación de Pontevedra destacó en primer lugar "o excepcional traballo que FEPROHOS está a facer unindo, ademáis, a todos os representantes de hostelería e restauración da provincia nunha federación provincial". Por otro lado, Louzán aseguró que "FEPROHOS terá o apoio necesario da Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, para que o Turismo sexa un dos sectores que axude a sair da situación económica que estamos a vivir.
Dende a Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas apoiaremos a FEPROHOS na formación dos traballadores do sector turístico así como na organización da II Mostra Gastronómica de Pontevedra que se celebrará entre o 6 e 13 de novembro nas comarcas de O Condando e A Paradanta". Finalmente, el Presidente de la Diputación de Pontevedra avanzó qué "en las próximas semanas ímonos reunir coas asociacións integradas na Federación Provincial de Hostelería -FEPROHOS- co fin de que todos xuntos traballemos na mesma dirección para conseguir que o turismo sexa un dos sectores clave na recuperación económica da provincia".